Tres dos que máis se piden. Todos se fan igual: rodeas co rato ou co dedo a zona onde queres que pase algo, escribes a frase, e xa está. O que cambia dun caso a outro é que lle dis.
Un formulario que recibe debuxos
Un campo dun formulario pode ser un arquivo, e iso
cambia o que se pode preguntar. Ata 100 MB por ficheiro,
así que dá igual que sexa unha foto, un PDF de trinta páxinas ou un audio.
- Un tatuador pide o bosquexo e orzamenta sen que ninguén se achegue.
- Un taller de móbiles pide a foto da pantalla rota.
- Unha copistería pon os seus prezos e un sitio onde soltar o PDF. Acabouse ir co lapis de memoria.
- Un profesor de guitarra pide un audio tocando, e sabe o nivel antes da primeira clase.
- Unha pastelería pide a foto da torta que lle gustou, en vez de intentar que lla describan.
- Un veterinario pide a foto da ferida e di se hai que ir correndo ou pode esperar.
As respostas gárdanse no teu panel, chégache un aviso ao móbil en canto
alguén escribe, e os arquivos descárganse desde aí.
Un vídeo, sen o cartel das cookies
Poñer un vídeo faino calquera. O que case ninguén che conta é a
consecuencia: un vídeo incrustado carga cousas do sitio de
orixe, e iso pon cookies dun terceiro na túa web aínda que nós
non poñamos ningunha. A partir de aí a túa web necesita o cartel das
cookies.
Por iso se pide como no vídeo: que non cargue ata que lle dean ao play.
Vese a miniatura, non se carga nada de fóra, e quen o queira ver
prémeo.
Serve igual con outras cousas que se incrustan: unha canción, un mapa,
un calendario de reservas.
Saber que fai a xente que entra
As visitas cóntanse soas desde o primeiro día. O que case ninguén ten é
o outro: saber que fan os que entran. Podes medir ata corenta
cousas distintas na mesma web.
E aquí non hai cookies. Un visitante distinto é unha pegada que se
calcula co sal do día e se tira: a mesma persoa, o mesmo día, na túa
web, conta unha vez. Mañá o sal cambia e esa pegada xa non vale, así
que non se pode seguir a ninguén dun día para outro nin cruzar dúas
webs. O enderezo IP entra no cálculo e non se garda en ningures.
O que se perde con iso dicímoscho claro: non sabemos se quen
veu o martes é o mesmo que volveu o xoves. O que se gaña é que
a túa web non teña que pedir permiso para nada, porque non hai nada que
permitir.
Nada disto leva máis dunha tarde
Nin hai que aprender un panel, nin hai que chamar a ninguén para cambiar unha cifra. Cóntasnos a que te dedicas, montamos a base, e a partir de aí a web é túa.
Quero entrar o primeiro día
Ocórreseche algo que non está aquí? Escríbenos a
hola@taraceista.com
e dicímosche se se pode. Contesta unha persoa.