Taraceista

Páxina web para hoteis e casas rurais, montada nun momento

As habitacións coas súas fotos e o seu prezo, como se reserva, onde estás e que hai arredor. Sen pagar comisión por cada reserva que che chega pola túa propia web.

Ver os plans

Prefires non escribir? Chamámoste e cóntasllo a Lucía

Gratis para sempre, sen tarxeta. Os plans de pago, dende 15 € ao mes.

Ata o 23 de novembro, os plans de pago desde 5 € ao mes os 3 primeiros meses.

Así se monta

Unha casa rural de seis habitacións na Ribeira Sacra. Quero amosar as habitacións, os prezos e que reserven por WhatsApp.

Montar
    Casa Rural O Carballal

    Seis habitacións, unha horta e o silencio do canón

    Habitacións

    Dobre con vistas2 persoas, almorzo incluído95 € / noite
    Familiar4 persoas, dous ambientes140 € / noite
    A casa enteiraAta 14 persoas, fins de semana780 € / noite

    Almorzo co que dá a horta, lareira no inverno e rutas desde a porta. Reserva por WhatsApp, sen intermediarios.

    Reservar por WhatsApp Ver habitacións
    Aberto todo o anoCamiño do Carballal, s/n, Sober982 72 18 40

    Dío coas túas palabras

    Mandar o cambio

    É unha simulación de como vai: cóntase, sae, e cámbiase sinalando. Repítese soa.

    Como se monta

    Cóntalle como é

    Cantas habitacións, que inclúen, onde estás e como prefires as reservas: WhatsApp, teléfono ou un sistema con ligazón.

    Sae a base

    Portada, habitacións con prezo, reservas, onde estás e que hai arredor. Escrita para a túa casa, non un catálogo de cadea.

    Cámbiala por tempada

    Os prezos de agosto, a oferta de outono, a foto da neve. Sinálalo e dilo. Cinco cambios ao mes, gratis.

    O que se lle pode pedir

    • Cada habitación coas súas fotos, o que inclúe e o seu prezo
    • Reservas por WhatsApp, teléfono ou o teu sistema con ligazón, sen comisión
    • Onde estás e que hai arredor: rutas, aldeas, o que se come
    • Prezos por tempada que cambias ti cando cambien
    • O teu dominio propio (atuacasarural.com) nos plans de pago

    O que adoita preguntar a xente

    Ten motor de reservas con calendario?

    O calendario de Taraceista é para citas, non para noites. De entrada, reservas por WhatsApp ou teléfono, que é o que usa a maioría das casas pequenas. Se usas un motor con ligazón, o botón leva alí; con iso cobras ti sen comisión de portal.

    Podo seguir en Booking e ter a web?

    Claro. A web é para quen te busca a ti: quen entra por ela reserva sen comisión, que nunha casa rural é a diferenza entre unha fin de semana e outra.

    Sae en varios idiomas?

    Pódeselle pedir a web noutro idioma, e escríbea de novo, non a traduce palabra a palabra. Para casas que reciben xente de fóra, nun cambio.

    O que custa

    O plan Gratis é para sempre e non pide tarxeta: unha web en oteunome.taraceista.app e 5 cambios ao mes, 10 o primeiro. O dominio propio, con 3 contas de correo, e máis cambios van nos plans de pago, dende 15 € ao mes co IVE dentro e sen permanencia.

    Ata o 23 de novembro, os plans de pago desde 5 € ao mes os 3 primeiros meses.

    Ver os plans → Por que non custa 5 €? Contámoscho sen rodeos →

    Empeza hoxe, gratis

    Rexístraste co teu correo e nun minuto estás facendo a túa web. Sen tarxeta e gratis para sempre, con 5 cambios ao mes e 10 o primeiro.