Cóntalle o que fas
A que te dedicas, onde, e que queres que fagan ao chegar: ver o teu traballo e escribirche. Con iso arranca.
As túas fotos a tamaño grande, o teu nome, como contactarte. Un portfolio que se ve como ti queres, sen modelo de galería. Cando remates un traballo novo, sóbelo dende o móbil e dis onde vai.
Prefires non escribir? Chamámoste e cóntasllo a Lucía
Gratis para sempre, sen tarxeta. Os plans de pago, dende 15 € ao mes.
Ata o 23 de novembro, os plans de pago desde 5 € ao mes os 3 primeiros meses.
Así se monta
Son fotógrafa de vodas en Vigo. Quero ensinar as miñas reportaxes, contar quen son e que me escriban.
Montar



Reportaxes de voda sen poses nin listas de fotos obrigatorias. Traballo en Galicia e onde faga falta.
Dío coas túas palabras
Mandar o cambioÉ unha simulación de como vai: cóntase, sae, e cámbiase sinalando. Repítese soa.
A que te dedicas, onde, e que queres que fagan ao chegar: ver o teu traballo e escribirche. Con iso arranca.
Portada co teu nome, galería, un «sobre min» escrito como falas ti e o contacto. Sen modelo de portfolio.
As fotos van dende o móbil, directas á túa web. Cando remates unha reportaxe nova, sóbela e dis onde vai.
Sérvense á resolución que fai falta para a pantalla que as mira, sen estragalas. Tes dende 1 GB, segundo o plan.
Si. Cada traballo ten a súa páxina e o seu enderezo, para mandarlla a quen a teña que ver.
Pódese traer: dásnos o enderezo, miramos o que hai e montamos a nova a partir de aí. O que rompa polo camiño arránxalo sinalando.
O plan Gratis é para sempre e non pide tarxeta: unha web en oteunome.taraceista.app e 5 cambios ao mes, 10 o primeiro. O dominio propio, con 3 contas de correo, e máis cambios van nos plans de pago, dende 15 € ao mes co IVE dentro e sen permanencia.
Ata o 23 de novembro, os plans de pago desde 5 € ao mes os 3 primeiros meses.
Ver os plans → Por que non custa 5 €? Contámoscho sen rodeos →Rexístraste co teu correo e nun minuto estás facendo a túa web. Sen tarxeta e gratis para sempre, con 5 cambios ao mes e 10 o primeiro.
Xa tes conta? Inicia sesión