Taraceista

Sinálao e dío. Xa está cambiado.

Cóntasnos a que te dedicas e montamos a base. Despois a web é túa: marca calquera parte co rato, escribe que queres e cámbiase no momento.

Funciona así de fácil
Rota Café

Café de especialidade, tostado esta semana

Mercamos lotes pequenos e tostamos por encarga. Cando un orixe se acaba, acabouse.

Ver os cafés Como chegar

O que hai agora

Etiopía Guji Pexego, xasmín, té negro 9,80 €
Colombia Huila Panela, laranxa, cacao 8,50 €
Rúa Elvira 42, Granada
Así de fácil

Un modelo quédache como un traxe prestado.

Nótase en quen o leva e nótase en quen o mira.

Un taraceísta non escolle entre modelos: encaixa pezas pequenas, unha a unha, ata que sae algo que só encaixa contigo. Iso facemos, e despois dámosche as ferramentas para seguires ti.

Que hai hoxe e que propoñemos

ModeloEncargala fóraTaraceista
Canto tardasUnha tarde escollendo entre milSemanas de ida e voltaMinutos, véndoa nacer
Quen a cambia despoisTi, pelexando con menúsEles, cando teñan ocoTi, sinalando e escribindo
O contidoO do modelo, que retocasO que lles pases por correoO teu: preguntámoscho antes
A que se pareceA outras mil iguaisAo que saiba facer quen a fagaAo teu negocio

Como se monta a túa

Preguntámosche

Que fas, que ofreces, os teus prezos, os teus horarios. Escribindo ou falando: hai quen o conta mellor en voz alta.

Levantámola

Vela construírse diante de ti, coa túa información real e fotos feitas para o teu negocio. Non un modelo co teu logotipo enriba.

Lévala ti

Cambiar o horario do verán, subir a foto nova, corrixir un prezo. Sinalas e dilo. Non hai que chamar a ninguén.

O que leva a túa web

Os cambios, sinalando
Rodeas calquera parte, dis que queres e cámbiase e publícase ao momento. Cada instrución é un cambio, e cada plan leva os seus ao mes.
Formularios e caixa de correo
O que che escriben desde a web chega ao teu panel e ao teu correo, cos seus arquivos, e expórtase a Excel cando queiras.
Estatísticas
Cantos entran, de onde chegan e que tocan, sen instalar nada. E en todos os plans pídeslle á IA que conte o que ti queiras.
Correo no teu dominio
Recibes en ola@oteunegocio.com e contestas desde o panel ou desde o móbil: 2 € ao mes máis, na mesma subscrición.
Copias e versións
Cada cambio queda gardado. Se algo non che convence, volves a como estaba cun toque.
A app do móbil
En Android: rodeas co dedo, dis o cambio falando, contestas o correo e ves quen che escribe. Desde onde esteas.
O teu dominio, ao teu nome
Se non tes, rexistrámoscho ao teu nome e levámolo nós. Se xa o tes, conéctalo desde o panel poñendo dous rexistros no teu rexistrador.

A túa web cámbiase desde onde esteas

A mesma web, no peto. Rodeas co dedo o que queiras cambiar, dis que queres, escribíndoo ou falando, e cámbiase. E cando alguén enche o teu formulario, chégache o aviso ao momento.

Rodea co dedo o que queiras cambiar
Rodea co dedo o que queiras cambiar
Dío coas túas palabras, ou dítao
Dío coas túas palabras, ou dítao
E o que che escriben, na mesma app
E o que che escriben, na mesma app

Incluída no teu plan, sen custo á parte.

O que custa, dito enteiro

Co IVE dentro, que é o que vas pagar. Sen permanencia e sen letra pequena: se marchas, lévaste a túa web e o teu dominio.

Próbao 15 días gratis, sen tarxeta. Con calquera plan, e con 15 cambios máis de agasallo o primeiro mes. A tarxeta pedímoscha cando remata a proba; se non a pos, non se cobra nada.

O oficio

Un negocio, unha web, e cambios cando fan falta.

Prezo normal: 15 €

13,50 € ao mes

IVE incluído (11,16 € sen IVE)

Oferta de lanzamento

15 días gratis, sen tarxeta

+15 cambios de agasallo o primeiro mes

Prezo normal: 150 €

135 € ao ano

IVE incluído (111,57 € sen IVE)

Oferta de lanzamento

15 días gratis, sen tarxeta

+15 cambios de agasallo o primeiro mes

  • 1 web, co seu dominio pagado o primeiro ano
  • 20 cambios ao mes
  • 1 GB para as túas fotos e documentos
  • Volves atrás ata 30 días
  • As mensaxes gárdanse 3 meses
  • Estatísticas á medida: pídeslle á IA que conte o que queiras
  • Soporte por correo en 48 h laborables
Probar 15 días gratis

O recomendado

O taller

Para quen a usa de verdade: cambia a carta, sobe fotos, move prezos.

Prezo normal: 35 €

31,50 € ao mes

IVE incluído (26,03 € sen IVE)

Oferta de lanzamento

15 días gratis, sen tarxeta

+15 cambios de agasallo o primeiro mes

Prezo normal: 350 €

315 € ao ano

IVE incluído (260,33 € sen IVE)

Oferta de lanzamento

15 días gratis, sen tarxeta

+15 cambios de agasallo o primeiro mes

  • 1 web, co seu dominio pagado o primeiro ano
  • 80 cambios ao mes
  • 10 GB para as túas fotos e documentos
  • Volves atrás ata 3 meses
  • As mensaxes gárdanse 6 meses
  • Estatísticas á medida: pídeslle á IA que conte o que queiras
  • Soporte por correo en 24 h laborables
Probar 15 días gratis

O gremio

Varios negocios da mesma persoa, nunha soa factura.

Prezo normal: 95 €

85,50 € ao mes

IVE incluído (70,66 € sen IVE)

Oferta de lanzamento

15 días gratis, sen tarxeta

+15 cambios de agasallo o primeiro mes

Prezo normal: 950 €

855 € ao ano

IVE incluído (706,61 € sen IVE)

Oferta de lanzamento

15 días gratis, sen tarxeta

+15 cambios de agasallo o primeiro mes

  • Ata 5 webs, cos seus dominios o primeiro ano
  • 200 cambios ao mes
  • 50 GB para as túas fotos e documentos
  • Volves atrás ata 6 meses
  • As mensaxes gárdanse un ano
  • Estatísticas á medida en todas
  • Soporte por correo en 8 h laborables
Probar 15 días gratis

A axencia

Para quen leva as webs doutros.

Prezo normal: 299 €

269,10 € ao mes

IVE incluído (222,40 € sen IVE)

Oferta de lanzamento

15 días gratis, sen tarxeta

+15 cambios de agasallo o primeiro mes

Prezo normal: 2990 €

2691 € ao ano

IVE incluído (2223,97 € sen IVE)

Oferta de lanzamento

15 días gratis, sen tarxeta

+15 cambios de agasallo o primeiro mes

  • Webs sen límite
  • 600 cambios ao mes
  • 200 GB para as túas fotos e documentos
  • Volves atrás ata un ano
  • As mensaxes gárdanse dous anos
  • Dominios a prezo de custo, sen recarga
  • Estatísticas á medida en todas
  • Canle directa, con resposta en 4 h laborables
Probar 15 días gratis

Que conta como un cambio

Unha instrución túa. «Cambia o teléfono» é un cambio; «cambia o teléfono e pon outra foto» tamén, porque o pediches dunha vez. Dá igual o que tarde por dentro nin cantas voltas lle dea: iso é cousa nosa.

E se un mes se che queda curto, amplíase sen cambiar de plan.

En todos os plans

  • O dominio vai ao teu nome, non ao noso.
  • 15 cambios de agasallo o primeiro mes, con calquera plan.
  • Sen permanencia: dáste de baixa cando che pete.
  • Sen modelos. Ningunha web se parece a outra.
  • Formularios, estatísticas á medida e copias de seguridade en todos.
  • Correo no teu dominio (ola@oteunegocio.com) por 2 € ao mes máis.

Prezos de lanzamento. Durante os 15 días de proba non se paga nada nin se pide a tarxeta: pídese ao rematar, se queres seguir.

Antes de que o preguntes

De verdade non fai falta saber nada de informática?

Non. Se sabes mandar unha mensaxe, sabes usar isto. Sinalas co rato o que queres cambiar e escríbelo como llo dirías a unha persoa.

E se non me gusta como queda?

Cámbialo. E se segue sen gustarche, vólvelo cambiar. Non hai un número de revisións nin hai que esperar a que alguén teña oco.

A web é miña de verdade?

O dominio rexístrase ao teu nome e os contidos son teus. Sen permanencia: se un día o deixas, o teu dominio e os teus textos van contigo, e ninguén che secuestra nada.

En que se diferencia de Wix ou Squarespace?

Eles danche un catálogo de modelos e un editor cheo de menús. Nós partimos do que nos contas e construímos para iso; despois editas falando, en vez de buscar a opción nun panel.

Podo usar o meu propio dominio?

Si: conéctalo desde o panel poñendo dous rexistros no teu rexistrador, e se non tes, rexistrámoscho ao teu nome. Teu, non noso.

Teño correo co meu dominio?

Si: ola@oteunegocio.com, ou o nome que queiras, por 2 € ao mes máis na túa mesma subscrición. Lelo e contéstalo desde o panel e desde a app, con cartafoles, anexos e filtro de spam. Chega co teu dominio, ao rematar a proba.

Que estatísticas vexo?

Visitas, de onde chegan, que páxinas e que botóns tocan, e que formularios enchen, sen instalar nada. En todos os plans, ademais, pídeslle á IA que conte o que ti queiras: «cantos me chamaron este mes», «que prato miran máis».

Empeza hoxe, quince días gratis

Rexístraste co teu correo e nun minuto estás facendo a túa web. Sen tarxeta: pedímoscha cando remata a proba, e se non a pos, non se cobra nada.

Chámanos614 03 39 84